Como gosto desta maxia que enche as nosas vidas!!
Pra comer, folhado de porros, os pequenos quixeron decoralo cumha cara de Pucca, esta boneca failhes moito chiste, xa hai pouco ensinábamos umhas figurinhas que fixeran dela.
Na casa temos todo um "vocabulario puconal" e así as puconas e as puconadas e a xente puconutria, paseiam pola nosa vida representando as cousas malas ou mal feitas, vaia, que é o noso Demo hehehe.
RECEITA:
½ quilo de folhado, 6 ou 8 porros, manteiga, farinha triga, 3 ovos e tona líquida.
Picamos os porros e cocémolos em pouca auga com sal, escurrimos e gardamos a auga.
Imos prequentando o forno a 200º
Numha tixola botamos dúas culheradas de manteiga, boamos dúas culheradas de farinha e cocinhámola um pouco, despois botamos os porros e remexemos todo.
Imos botando a auga de cocer os porros para facer umha bechamel lene, cando esté feita engadimos a tona líquida, remexemos bem e botamos os dous ovos. Probamos o sal.
En 30 minutinhos está pronta.
♥ ♥ ♥ ♥ ♥ ♥ ♥ ♥ ♥ ♥