19 de maio de 2013

Tal dia como hoxe

Fai hoxe exactamente un ano saíamos de casa e dicíamos adeus aos rios, às fontes, aos regatos pequenos,... esta terra que recibe coas máns abertas, énchenos estos días desa auga que tanto botamos a faltar, agasálhanos com trebóns que traem recordos da casa, e leva días a darnos auga, esa auga que nom nos pode faltar para viver aos anfibios atlánticos, que alouminha o corpo, que é umha anaina nas noites.
Aínda que o fogar vai com um, que duro é o exilio!
Como pode um sentir tanto apego a umha terra? como pode ser que sem ela sempre nos falte algo? é como se um pedazinho de nós sempre ficara aló, entre os regatos pequenos.
E así hoxe,... hoxe nom puidem conter as bágoas escoitando a Rosalía por boca dumha rapazinha que dicía...
Adeus ríos,
adeus fontes,
adeus regatos pequenos,
adeus vista dos meus olhos,
nom sei cando nos veremos.

Minha terra, minha terra,
terra onde me eu criei,
hortinhas que quero tanto,
figueirinhas que prantei
prados, ríos, arboredas, 
pinares que move o vento,
paxarinhos piadores,
casinha do meu contento,
muínho dos castanhares,
noites craras de luar,
campaninhas trimbadoras,
da igrexinha do lugar,
amorinhas das silveiras
que eu lhe daba ao meu amor,
camininhos entre o milho,
adeus, para sempre adeus!

Adeus groria!
Adeus contento!
Deixo a casa onde nacín,
deixo a aldea que conhezo
por un mundo que nom vim!
Deixo amigos por estranhos,
deixo a veiga polo mar,
deixo, en fin, canto ben quero...
Quen puidera nom deixar!
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...