28 de setembro de 2012

Ecosistemas para 3º de primaria: Selva tropical

Para Conhecemento do medio estamos a seguir un libro que nos regalaron da editorial Edebé e a verdade é que volo podo recomendar, así que se gustades coma mín de ter unha guía e non sabedes cal mercar, que xa é difícil escolher libros de texto cando non os podemos mirar antes, este é unha boa escolha.

Ademáis de estudar o concepto de ecosistema, despois imos deténdonos a estudar algúns exemplos de ecosistemas máis polo miúdo.

Para a selva tropical (podedes procurar recursos na rede baixo o epígrafe "rain forest"), estivemos mirando algún vídeo sobre o tema, e tamén coloreamos parte das ilustracións de Jan Brett que podedes atopar nesta ligazón: The Umbrella, o que deu pé a falar dos animáis que viven nas distintas selvas tropicais.

Tamén nos foi de gran axuda (e volo recomendo moito!!) un libro de Clare Beaton sobre a selva tropical onde ademáis de ir explicando as características deste ecosistema, permítenos elaborar un e despois poder xogar con el :)

E para rematar tivemos unha visita educativa co noso grupo de familias homescoolers que foi de excepción, pois visitamos o Cosmocaixa Barcelona, onde tenhen un espazo permanente onde há representado um bosque húmido coa súa parte acuática con infinidade de peixes e a parte do chan da selva con paxaros e outros vertebrados. Tamén há vitrinas com invertebrados vivos.


Entre os vertebrados que tenhen, há umha capibara, o que nos deu para fazer um lapbook sobre as capibaras do que podedes ver algumha imaxe  aquí.


---------------------------------------------------------------------------

 
 
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...