23 de junho de 2013

Noite meiga, solsticio de verám

Hoxe é no hemisferio norte o día máis longo e a noite máis curta do ano, hoxe é noite de bruxas na Galiza, hoxe á noite ábrense as portas que comunicam este mundo co Além, esta é a noite máis máxica da Galiza.



Fanse fogueiras que ham ser saltadas tres veces berrando "meigas fora!" e tamém é noite de troula. Os mocinhos levam as cancelas e nom é raro ver ós vecinhos pola tardiña soldándoas para que nom lhas levem xunto co carro ou as bestas, tenho visto um burro ou umha ovelha aparecer pola manhá na rotonda de entrada a algumha cidade.

Tamém se comem sardinhas com cachelos ó calor da fogueira ou cacharela, á que se lhe vam tirar os móveis velhos (ou mesmo os apuntes do ano na versión máis moderna) como purificación.

Esta noite as mocinhas botarám un ovo nun vaso de auga que deixarám baixo a cama e que á mañá seguinte desvelará a profesión do futuro marido.

Esta noite as fontes botam auga máxica e ó raiar o sol recólhese a frol da auga e pola manhám o sol baila no firmamento e con el todas as meigas do mundo, que xa estiverom de xuntanza co demo e botando meigalhos.


As sardinhas:
Esta noite ásanse sardinhas nas verbenas que se fam ao redor das fogueiras. Úsase umha rabanada de pam -preferívelmente de milho- a modo de prato para que o prebe da sardinha o molhe. E comemos as sardinhas así, coas mans, esmigalhándoas pouco a pouco para ao rematalas comer o anaquinho de pam co sabor a sardinha.




As ervas:
Durante o día recólhense as ervas de sam xoám que van ser deixadas numha tina con auga para receber a bendición do orbalho de San Xoám e manhá pola manhám hanse lavar con esta auga todos os da casa, em especial os meninhos, pois esta auga nom só ten propriedades cosméticas senóm tamén medicinais e máxicas.
As ervas: erva luisa, romeo, tromentelo, fiuncho, ruda, malva, fento macho, orxabán, rosa,...



As 9 ondas da Lanzada:
Hoxe as mocinhas que nom conseguirom ficar grávidas, vestiram um camisóm branco e irám às doce da noite à colher as nove ondas à praia de Areas Gordas, à praia da Lanzada de Pontevedra. Tomarám no seu ventre as nove ondas fertilizadoras do noso Atlántico. 
Moitísima sorte, que o froito venha dentro de 9 meses.




O lume vello
"Unha semana despois do San Xoán o lume da fogueira segue ardendo. En poucos lugares conservan aínda a festa do Lume Vello. Quizais sexa porque o San Pedro o devorou todo. Na miña aldea, nesta noite tamén máxica, os mozos saían roubar cancelas e cambiaban as cousas de lugar para facer bromas.
Os veciños de Vilasantán, en Baralla, conservan aínda memoria desta celebración que foi esmorecendo pero que agora renace con forza. Foi bonito descubrir esta festa, recuperala e disfrutala cos amigos."



 Boa noite a todos!



Máis información en:
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...