7 de fevereiro de 2013

10 Róndame o "ladrón de palabras"

Como vedes na coluna da dereita, estou lendo Made in Galiza e estame a remover moitas cousas por dentro, vou moi pouco a pouco porque só podo ler de cando em vez, e hoxe lín este conto: "A vendedora de palavras". 

Umha das palavras que lhe oferece à persoa que vai mercar é umha que significa "subir a umha árbore impulsándose cos brazos e as pernas" e nese momento veu á minha cabeza umha palabra que nós empregábamos para "subir aos muros - no noso caso eran os muros de cachote da finca da minha voa, que nalgunhas partes acadaban o metro e medio ou máis - impulsándonos cos brazos e coas pernas", mais... terror!! por um momento sentím ao meu redor ao "Ladrón de palavras", sentinno, xúrovolo!! quería levarse a minha palavra e case, case, o consegue o condanado. Comecei a procurala na minha cabeza, levantei tapetes velhos, desarrumei por aquí e acolá e mesmo estivem a piques de comezar a arrumbar num ataque de tolemia. Non a lembraba!! E cando xa a daba por perdida apareceu!!! GHABEAR!!

Qué ledicia!! puídenlha quitar das maos ao condanado. Fun ao Estraviz a ver se a tinham, pois nom sempre as tenhem, seica a eles também lhes ronda o ladrón de palavras? E a que topei que tinhan é GAPEAR, seica a minha é propria da zona? (as rías baixas) ademáis de ter a nossa gheada, claro.

Vos como lhe dicides?

 ♥ 

(Esta entrada no lleva "versión Karaoke" en castellano porque hablo de cosas de la lengua gallega un poco difíciles de entender para hablantes de lenguas no minorizadas. Disculpen las molestias :D )

10 comentários:

Anónimo disse...

Eu, ghabear de toda a vida, e sorte que tivem que nom ma roubarom... Um abraço!

séchu

♥ meninheira ♥ disse...

Pois xa somos tres "ghabeantes" e nem todos somos das rías baixas :)

Um biquinho companheiro
m*

Anónimo disse...

Ghabear. Aghatuñar.Empoleirarse. Ain tamén me está a visitar ese condanado, pq había unha da que non me lembro...

♥ meninheira ♥ disse...

Ah!! Condanado!! que nos leva as nosas palavras!!

Ti de que zoa es, Anónimo?

Grazas por vir deixar o teu comentario :D

Anónimo disse...

Pois... Os trasnos do internete coméronse o segundo comentario que fixen Meni.
Rubir, era o que me faltaba.

Eu sonche do Medio, rías baixas pero tirando a Compostela.

Grazas a ti por convidarme miña benquerida Meni, saúdos. Cris.

♥ meninheira ♥ disse...

Grazas a tí por vir doze Cris de Gaia
Muuuuuuuuuas!!!

Anónimo disse...

A min veume a cabeza rubir , pero non sei se vén sendo o mesmo. Bicolo!

Carolina

♥ meninheira ♥ disse...

Grazas por participar minha rula.

Um bicaso!!

pamnogueira disse...

mulher ghabear de toda a vida de nuestro señor!!, eu também som das rias baixas:-)

♥ meninheira ♥ disse...

:DDD Moitas grazas pola visita pamnogueira!! :)

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...