4 de setembro de 2013

Cancións para aprender

Cando eu era nena estivem numha escolinha (agora sería umha "guardería") onde "Teresita", umha mestra marabilhosa coa que nom perdím relación, ensinounos um montóm de cousas. Era tal a súa sona que cando ingresábamos na "escola de verdade", as outras mestras reconhecíannos: "ti ves de Teresita verdade?"

A escolinha estaba no baixo da súa casa, tinha pupitres de madeira daqueles nos que os bancos uníanse ás mesas, cun burato para a tinta e o espazo para os lápices. Recordo ao seu home, o grande pintor Roxelio Lorenzo que vinha às veces a pintarnos paisaxes incríveis no encerado.

Alí aprendímos a ler e a escribir cumha caligrafía que reconhecíam despois na Escola, aprendíamos as provincias de España, as "regiones", os ríos,... naqueles mapas de tea que se enrolabam sobre um pau... cantos recordos!! E todo isto aprendíamolo antes da entrada na escola e aprendiámolo cantando. Este ano eu quero recopilar aquelas cancións para os meus pequenos pois desgraciadamente nom recordo todas.

Aquí vai as que levo atopado, agardo que vos sexan de utilidade tamém a vos :)


Cancións para aprender xeografía:

Esta é umha das que me acordo, mimadrinha!! "España limita al norte con el mar Cantábrico..."

Esta é nova para mim, ainda que si que cantabamos tamém as provincias, mágoa nom recordar a da minha nenez.


Máis cancións para aprender xeografía:

Canciones de los cabos y los ríos de España

CANCIÓN DE LOS CABOS
Machichaco en Vizcaya
Ajo en Santander
Peñas en Asturias
Estaca de Bares
Ortegal y Finisterre en La Coruña
Trafalgar y Tarifa en Cádiz
Gata en Almería
Palos en Murcia
La Nao y San Antonio en Alicante
y Creus en Gerona


CANCIÓN DOS RÍOS:

-El Miño nace en Fuentemiña, provincia de Lugo; pasa por Lugo y Orense y desemboca en la Guardia, entre España y Portugal. Su afluente principal es el Sil.

-El Duero nace en los Picos de Urbión, provincia de Soria; pasa por Soria y Zamora y desemboca en Oporto(Portugal). Sus principales afluentes son en Pisuerga, el Esla y el Tormes.

- El Tajo nace en Sierra Albarracín, provincia de Teruel; pasa por Toledo y desemboca en Lisboa. Sus principales afluentes son el Jarama y el Arberche.

-El Guadiana nace en las Lagunas de Ruidera, provincia de Ciudad Real y Albacete; pasa por Badajozy desemboca en Ayamonte, provincia de Huelva. Sus principales afuentes son el Jabalón y el Zújar.

-El Guadalquivir nace en Sierra de Cazorla, provincia de Jaén; pasa por Córdoba y Sevilla y desemboca en San Lucar de Barrameda, provincia de Cádiz. Su principal afluente es el Genil.

-El Ebro nace en Fontibre, provincia de Santander; pasa por Logroño y Zaragoza y desemboca en Amposta , provincia de Tarragona. Sus principales afluentes son el Jalón y el Segre.


Canciones para aprender matemáticas:

Tamém cantábamos as táboas de multiplicar, que risa!


Canción do abecedario:
Para aprender o abecé cantamos umha canción moi semelhante a esta, mais com outro ritmo e saltámonos a "che" que agora xa nom é umha letra ademáis e para rematar, coa mesma cantinela dicimos "xa me sei o abecé, canta conmigo e cho ensinarei".

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...