1 de janeiro de 2014

4 Algunhas fotos destes días

Como nom temos aquí os nosos adornos de Nadal -nom puidemos traelos no verám porque nom cabíam no coche-, a nosa decoración nom é tam "naif" como é o noso costume e como gostamos, mas facemos o que podemos hehehehe.

Na foto vedes a nosa coroa das estacións, o meu cartaz de Cousas Pequenas, a nosa grilanda-calendario de Advento (que é a que vem co Caderno de Nadal para nenos),... a grinalda dos doces bonequinhos de neve é de Jeni de Stitcher Scribbler e a podedes baixar de balde do seu blogue.



Umha das nosas tradicións de Nadal é ir acrescentando ano tras ano os enfeites nadalencos, a maioría feitos na casa por mim e polos pequenos. Este ano fixemos varios enfeites: coas pérolas Hama, com pintura de microondas,... e este pendurico de galletas de xenxibre de feltro. Remata cum axouxere, hai algo com máis maxia nadalenca que os axouxeres? :)


Estos días "trabalhei" moito no meu caderno do ano, umha ideia que tinha em mente fazer há moito tempo e que nunca me daba posto por preguiza. A libreta é da tenda de Pilar, Amapola verde. O que fixem foi dividila en catro partes, umha para cada estación e despois dentro vou anotando ideias das festividades ou de cousinhas para sacarlhe proveito a cada época do ano.

O libro foi umha das nosas últimas adquisicións, mercado este verám em Ourense.



Umha das cousas que vou anotando no meu caderno som ideias ao xeito "bucket list", nom sei como se podería traducir isto, assim que o emprego em inglés :D Tamém vou pegando debuxos, fotos, escribindo cancións ou o que se me vai ocurrindo porque aos pequenos tamém lhes gosta ir mirandoa de cando en vez.



Agora xa em grande, vedes a minha prenda de Nadal, umha das marabilhosas pedras pintadas da artista portuguesa Graça Paz, a quem sigo dende há anos e que me tem namorada do seu trabalho como artista e do seu trabalho interior como persoa. Nom sabedes a ilusión tam grande que me fai ter "um Graça Paz"!! moita!!! Este meu coraçao ademáis é um "protetor dos amores", nestes tempos de crise bem moi acaído :D

   

Hoxe veu o Apalpador a deixar lambetadas nos seus calcetíns, tamém deixou umha carta, tal e como fai tamém o Pai Nadal. Os pequenos tamém lhes deixam cartas facéndolhes perguntas ou contándolhes cousinhas, eu vounas gardando na nosa Carpeta-organizador de Nadal familiar, vaise converter ou máis bem xa é, um precioso recordo das súas infancias.



~~~~~~

 

4 comentários:

bajo el diente de león disse...

¡Feliz año, Meni! Salud y felicidad para ti y tu familia durante el 2014 =).
Te quedaron preciosos los muñequitos de jengibre de fieltro, y me encanta el uso que le das al cuaderno ;).
Un besito :*

♥ meninheira ♥ disse...

Feliz año Piliña!! :D

Un besiño muy grande y gracias por la visita :)
muuuuuuuuuuuuas

Paula disse...

¡Qué preciosidad de adornos y de cuaderno, Meni!
¡Feliz año guapa!
Un besazo

♥ meninheira ♥ disse...

gRAcias Pauliña, feliz año para vosotros también.

Un besiño grande
m*

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...