17 de março de 2014

Como aprendemos - 4º de primaria

Na casa adicamos umhas horas todos os días para aprender, pola manhá fazemos o trabalho máis formal e pola tarde o "informal" e as actividades extracurriculares ou "extraescolares". Pra mim é moi importante que os pequenos tenham um hábito de trabalho pois vailhes servir para estructurar a súa vida educativa, profesional e persoal.

Como xa sabedes os que seguides as nosas andanzas, na casa empregamos fichas, libros de texto, libros vivos e calquera outra cousa que nos poida servir para aprender. Hoxe vouvos ensinar a parte da aprendizaxe manipulativa e visual.


Em matemáticas estivemos repasando os números romanos co "trivial romano" do meu imprimível de números romanos.



Em bioloxía repasamos a clasificación do Reino Animal axudados polas minhas tarxetas de clasificacióm do Reino Animal.

Hai pouco umha nai preguntoume cómo podía empregalas cos seus filhos. Pois bem, eu simplesmente doulhes a caixa dos reinos e axudados, bem por estas tarxetas de animais que baixei e traducím à nosa lingua de noseidonde, bem por animalinhos de plástico, vam colocando as tarxetinhas, despois miramos se está todo bem.



Em xeografía continuamos aprendendo xeografía de Espanha e axudámonos das minhas tarxetas para o mapa de Espanha Montessori (nós empregamos o mapa de Jaisa Educativos).

Para comezar doulhes o mapa e máis a caixa onde estám as tarxetas (como vedes os pequenos estudam galego na norma da Xunta, aínda que tamém mesturamos material em português para que conhezam a normal internacional da nosa lingua).
 

 Despois vam colocándoas no seu sitio.

Todavía nom introducimos tódalas tarxetas, imos engadíndoas pouco a pouco.

E temos um pequeno engadido que debem colocar no seu sitio para que poidam pór "com fundamento" a tarxeta do estreito de Xibraltar :)
 (xa vos falara disto hai pouco)


~ ~~ ~~ ~

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...