24 de janeiro de 2013

9 A paisaxe para 3º de primaria

Estos días temos estado a trabalhar sobre o tema da paisaxe, que ocupa um capítulo do noso libro de Coñecemento do Medio. Para abordalo, ademáis de facer as leituras do libro e exercicios sobre o tema, tamén temos debuxado moitas paisaxes.

Outra das cousas que fixemos, foi ver a unidade do Proyecto Agrega sobre A paisaxe. Recoméndovos moitísimo este recurso que me pasou a minha Belén, está disposto por anos lectivos e por materias e inda por riba en todas as linguas oficiais do Estado. Boísimo!!


Como nom podemos deixar de lado o noso aprendizaxe máis criativo, fixemos algumhas formas xeográficas co que eu chamo "pintura de micro-ondas" ou pintura inchável e que xa temos empregado para outros proxectos

A receita para a pintura é:
  • 1 cunca de farinha
  • 1 cunca de sal
  • 1 pouquinho de fermento

Remésexe todo e vaiselhe botando auga até formar umha pasta fininha, moi pouco mesta, um pouquinho máis líquida que a pintura de parede por se vos serve de referencia. Umha vez pronta, é cando se lhe engade o pigmento ou a sustancia corante que empreguedes para darlhe cor.

Outras veces tinhamos usado a pintura xa colorida, mais desta vez foi sen colorir, coa cor natural da farinha triga.
A PAISAXE - pintura de micro-ondas 1

Despois todo é pintar como se fai normalmente e umha vez rematado hai que "cocinhar" o debuxo no micro-ondas. Atención! é importante que o papel sexa do tamanho axeitado para o aparelho, nom vaia ser que o pintedes e despois non colha no micro-ondas :)

Tendes que meter o papel (nós empregamos cartón de caixa de cereais) no micro-ondas e cocinhalo a temperatura máxima durante 30 segundos máis ou menos. Teredes que ir probando.

Na imaxe vedes dúas formas, umha sem pasar polo micro-ondas e outra xa "cocinhada".
A PAISAXE - pintura de micro-ondas 2


Aquí vendes varios dos debuxos xa cocinhados, tende coidado co papel que escolhedes porque sempre se comba um pouco, canto máis groso sexa, melhor. A PAISAXE - pintura de micro-ondas 3

Os resultados son moi fermosos e sorprendentes. Aqui tendes o que vai ser um arquipélago. A PAISAXE - pintura de micro-ondas 4

E os acantilados dalgumha costa Atlántica A PAISAXE - pintura de micro-ondas 5

Xa rematando de pintar... A PAISAXE - pintura de micro-ondas 6

Puxémolos a secar ao sol para que endurecera a pasta. A PAISAXE - pintura de micro-ondas 7

Os resultados son fermosísimos. Aquí o arquipélago. A PAISAXE - pintura de micro-ondas 8

Un cabo...
A PAISAXE - pintura de micro-ondas 9

E umha baía
A PAISAXE - pintura de micro-ondas 10

Por se dubidades sobre a perdurabilidade da pintura umha vez cocinhada, pódovos dicer que se mantém por anos, alomenos as nosas pinturas máis velhas xa tenhem anos e estám como o primeiro dia :)

9 comentários:

Marvan disse...

Wow! Precioso!!!!

Paula disse...

¡Qué alegría leer vuestros proyectos de nuevos!.
Como dice Marvan, esas maquetas son una preciosidad. Me han encantado!!!
Muchísimos besos

♥ meninheira ♥ disse...

Gracias Pauliña, yo también estoy muy contenta de volver a empezar. :)

Un besiño muy grande a las dos
muas!!
m*

Belen Junquera disse...

Wow!!!! encántame esta técnica, voucha copiar jajajaja
Non facía falta mencionarme ;-)
bicosssss

♥ meninheira ♥ disse...

Copia tolinha, copia :)

Un biquinho grande
m*

Xhonane Olivas disse...

Excelente idea!!! Felicidades a los pequeños artistas!!!

♥ meninheira ♥ disse...

Gracias Xhonane :D

Amparo Losana disse...

Hola querida Meni!
Acaba de llegarme este link tuyo que ya conocía, atraves de otro blog que visitaba. Creo que le va a encantar a mi niño. A mí ya me encanta!
No he entendido bien entre pintura cocinada u no cocinada...
Besitos
Amparo

♥ meninheira ♥ disse...

Amparo, yo lo cocino siempre, primero pintas con la pintura en la hoja de cartón y luego cocinas la hoja en el microondas :)

La receta y lo demás lo entiendes verdad?

Besiñosssssss
m*

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...