Segundo a crenza popular neste día "casan os paxaros nas árbores", a partir da Candeloria, ningunha ave voa soa, reza o dito e aínda que rematan as xaneiras, comeza a tempada de apareamento no reino animal con vistas á cría na primavera; é pois un culto á fertilidade e aos ciclos da natureza como xa aconteceu antes co Samaín.
O día da Candeloria é unha data clave para predicir o tempo que fará o resto do inverno como podedes ver nos nosos refráns. Noutros lugares celebran o día da marmota, que tamem lhes serve para predecir o tempo.
- Cando a Candeloria chora, metade do inverno vai fora
- Pola Candeloria a metade do inverno vai fóra, se chora ou venta, aínda entra
- Se a Candeloria chora, o inverno vai fora. Se ri, o inverno quere vir
- Cando a Candeloria chora, medio inverno vai fóra; que chore, que deixe de chorar, a metade do inverno está por pasar.
♥♥♥♥♥♥♥♥♥♥♥♥♥♥♥♥♥♥♥♥♥♥
Manualidades que fixemos outros anos:
2014 - Corazóns de namorados
2014 - Corazóns de namorados
2013 Casal de paxarinhos |
2011 - Corazóns de arame e lá
2011 - Paxarinhos namorados