Mostrar mensagens com a etiqueta outono. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta outono. Mostrar todas as mensagens

23 de outubro de 2013

Recursos para Samaín - Halloween à moda galega


O Samaín é o antergo do Halloween americano, era umha das datas máis importantes do ano para os celtas, pois marcaba o comezo do ano novo e do inverno. Nestas datas ademáis a fronteira entre o mundo dos vivos e o mundo dos mortos desaparecía e os mortos retornabam  às súas casas para visitar aos familiares, na procura de alimento ou de calor no lume da lareira.

Minha nai conta que cando nena aló en Santiago, baleiraban cabazas dándolhes olhos e boca e prendían dentro umha candea, despois punham as cabazas polos caminhos à noite "porque lles daba medo" e asustar aos caminhantes e así a gozaban os cativinhos daquela, xogando a asustarse.



Nós adornamos a casa para este día com cousas feitas na casa, tamém baleiramos umha cabaza e co recheo facemos chulas, coma todos os anos imos ler "A noite de Samaín", de Pepe Carreiro e outras historias asustadoras (a estántiga, as meigas chuchonas,... quem sabe?).

Também iremos à procura de lambetadas, porque tamem há que celebrar o Halloween :D nesta casa estamos sempre prontos para ir de festa :D



Facer chulas de cabaza:
 


Chulas de cabaza:

Ingredentes:
Farinha (aproximadamente 2 vasos), azucar (2 vasos), 3 ovos, cabaza, aceite, sal.

Pélase a cabaza e cócese em auga cumha pouca sal, despois deíxase escorrir até que solte a auga.
Numha tarteira grande botamos a cabaza, o azucre, os ovos e a farinha. Remexemos todo coa "mini-mini" como lhe chamaba a minha avoa, e  acrescentamos de farinha até que fique umha crema mesta.
Para rematar, imos botando a culheradas para fritila em aceite bem quente.




Máis cousinhas:

19 de outubro de 2013

Libros para ler em outono

Algúns libros para ler em outono que temos por casa ou dos que gostamos moito.

1. A noite de Samaín. Um imprescindível para ler na noite do 31 de outubro, um dos contos favoritos na nosa casa. Para achegarmonos à cultura celta galega.
DISPONÍVEL EM GALEGO



2. Corre, corre, mary, corre. Este libro colhímolo na biblioteca despois de que falara del Maria, é um libro para desfrutar polas suas fermosísimas ilustracións, umha historia de xente que atura o que lhe botén até que nom pode máis, con final feliz, nom temos que aturalo todo!!


3. Corre, corre cabaciña. Outro libro que temos na casa e que lemos umha e mil veces. Versión moderna de David contra Goliat mais usando a cabecinha ... e a cabacinha!! hehehehe
DISPONÍVEL EM GALEGO



4. El retorno de Villarina. Um conto que nos agasalhou umha amiga à que nom conhecemos (Paulinha :*), precioso para conhecer o trabalho que moita xente fai para protexer a natureza, e tamém moi bo para conhecer a fauna dos nososo montes. Podedes descarregar um pdf para colorear sobre o libro na Fundación Oso Pardo. 
 
Nós aproveitamos a leitura do libro para trabalhar transversalmente outros temas,
neste caso foram as pitas do monte.

-------------------------------

-------------------------------

Algunos libros para leer en otoño que tenemos por casa o que nos gustaron mucho.


1. La noche de Samaín. Un imprescindible para leer la noche del 31 de octubre, uno de los cuentos favoritos de nuestra casa. Un acercamiento a la cultura celta gallega.
DISPONIBLE En GAlleGO


2. Corre, corre, mary, corre. Este libro lo cogimos en la biblioteca despues de que hablara de él Maria, es un libro para disfrutar por sus hermosísimas ilustraciones, una historia de personas que soportan lo que le echen hasta que no pueden más, con final feliz, ¡¡no tenemos que aguantarlo todo!!


3. Corre, corre cabaciña. Otro libro que tenemos en casa y que leemos una y mil veces. Versión moderna de David contra Goliat pero usando la cabecinha ... y la "calabaciña"!! hehehehe
DISPONÍble En GALlEGO


4. El retorno de Villarina. Un cuento que nos regaló una amiga a la que no conocemos (Pauliña ;) ), precioso para conocer el trabajo que mucha gente lleva a cabo para proteger la naturaleza, y también muy bueno para conocer la fauna de nuestros montes. Podeis descargar un pdf para colorear sobre el libro en la Fundación Oso Pardo. 
 
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...