Mostrar mensagens com a etiqueta Galiza. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Galiza. Mostrar todas as mensagens

15 de março de 2014

Entroido e Torta de Huesitos

O pasado entroido fomos a umha reunión da LUDOTEGA (espazo de lecer para nenas e nenos galegofalantes em Barcelona) que incluía umha comida em comúm. Como bos larpeiros, errr quiría dizer galegos, tamém había um monte de sobremesas. Nós como sempre andamos a correr (por ir antes demasiado despazo) pois fixemos umha sobremesa rápida e sinxela pero mooooooooooooooi rica!!

É iso que dan em chamar "TORTA DE HUESITOS" porque o sabor recorda moitísimo a eses pasteis.

Simplemente leva barquilho dese que se merca com forma de prato e máis Nutella.
Primeiro amolecemos a Nutella ao "banho María" e imos pondo barquilho untado coa Nutella (sem pasarse que despois empalaga) um sobre outro para rematar cumha capa máis contundente de Nutella hehehehe. Nós despois decoramos co mesmo barquilho feito anaquinhos.
Despois conven enfriala um chisco.

Ao cortala vense as capas de barquilho e máis o chocolate. É supersinxela de fazer e tivo moito éxito porque a verdade é que está bem boa, um pracer para os chiculateiros hehehehe




El pasado entroido (carnaval tradicional gallego) fuimos a una reunión de la LUDOTEGA (espacio de ocio para niños y niñas gallegohablantes en Barcelona) que incluía una comida en comúm. Como buenos golosos, errr quería decir gallegos, también había un montón de postres. Nosotros como siempre andamos a correr (por ir antes demasiado despacio) pues hicimos un postre rápido y sencillo pero muuuuuuy rico!!.

Es eso que llaman "TARTA DE HUESITOS" porque el sabor recuerda muchísimo a esos pasteles.

Simplemente lleva barquillo de ese que se compra con forma de plato y Nutella.

Primero ablandamos la Nutella al "baño María" y vamos poniendo barquillo untado con la Nutella (sin pasarse que después empalaga) uno sobre otro para terminar con una capa más contundente de Nutella hehehehe. Nosotros después la decoramos con el mismo barquillo hecho pedacitos.
Después conviene enfriarla un poquito.

Al cortarla se le ven las capas de barquillo y chocolate. Es supersencilla de hacer y tuvo mucho éxito porque la verdad es que está bien rica, un placer para los chocolateros hehehe

24 de fevereiro de 2014

Día de Rosalía de Castro

Tal día como hoxe nasceu a nossa grande Rosalía.


O Sechu partilhou este poema seu no "feis, e eu linlhe-lo aos pequenos.

Pola metade eu emocioneime, cousas de viver em carne viva, polo final, emocionouse umha das pequenas, seica recibiu xa a herdanza da nai.

Grazas companheiro!!


Podes descarregar o PDF aquí: 
http://meninheira.com/wp-content/uploads/2016/02/A-Sombra-de-Rosalia-Poema-de-Sechu-Sende.pdf
 


22 de fevereiro de 2014

Libro vivo: Mitología griega y romana de J.Humbert

Seguimos a ler moita mitoloxía greco-romana, imprescindível para conhecermonos, pra conhecer de onde vimos.

A principios de outubro tivem a sorte de se-la agraciada no sorteo que fixo Maria do libro "Mitología griega y romana" de J. Humbert. E así que rematamos a Odisea, púxenme coa leitura familiar deste. Aínda que os primeiros días comecei polo principio, onte decidín que nom o imos ler em orde, imos ir saltando de deus em deus, de mito em mito... Como tem umha parte sobre personaxes da Odisea, vai ser o que leamos primeiro pois temos o libro bem recente. 

Há pouco limos a Plutón pois quería refrescarlhes o rapto de Proserpina e a procura desesperada de Ceres, a súa nai, para -co conto da proximidade da Candeloria- falarlhes das relacións entre os fachos acesos na procura de proserpina e os fachos da Candeloria, entre as estancias de Proserpina no Reino dos Mortos e a chegada da primavera, entre Brigit a deusa celta e as candeas postas na súa honra... En fin, conectando os mitos romanos cos mitos celtas, é umha marabilha descobrir como todo está interconectado.


Máis información sobre outros libros de mitoloxía para nenos que imos lendo, AQUÍ.



Seguimos leyendo mucha mitología greco-romana, imprescindible para conocernos, para conocer de dónde venimos.

A principios de octubre fuí la agraciada en el sorteo que hizo Maria del libro "Mitología griega y romana" de J. Humbert. Y así que terminamos la Odisea, me puse con la lectura familiar de este. Aunque los primeros días comencé por el principio, ayer decidí que no lo vamos a leer en orden, si no que vamos a ir saltando de dios en dios, de mito en mito... Como tiene una parte sobre personajes de la Odisea, será lo que leamos primero pues tenemos el libro reciente.

Hace poco leímos a Plutón pues quería refrescarles el rapto de Proserpina y la búsqueda desesperada de Ceres, su madre, para -con la excusa de la proximidad de la Candeloria- hablarles de las relaciones entre las antorchas encendidas en la búsqueda de Proserpina y las Velas de la Candeloria, entre las estancias de Proserpina en el Reino de los Muertos y la llegada de la primavera, entre Brigit la diosa celta y las velas puestas en su honor,... En fin, conectando los mitos romanos con los mitos celtas, es una maravilla descubrir como todo está interconectado.


Más información sobre otros libros de mitología para niños que vamos leyendo, AQUÍ.

~ ✿ ~ ✿ ~ ✿ ~ ✿ ~ ✿ ~


3 de fevereiro de 2014

A manualidade deste ano para A Candeloria

Um ano máis celebramo-la Candeloria, a festa do amor da Galiza, cumha manualidade.

Este ano fixemos corazóns de cartón, pintámolos e pegámoslhe adornos de foam (ou goma eva ou como se lhe chame a iso). Umha manualidade moi sinxela e moi bonita.



Si queredes ver as cousinhas que fixemos outros anos podédelas ver aquí:

26 de janeiro de 2014

De Profundis, de Miguelanxo Prado



<<Era uma vez uma casa no meio do Mar. A casa tinha uma torre voltada a Poente, uma escadaria que se estendia pela água adentro e, a Levante, uma árvore que floria entre Março e Abril.

Nessa casa viviam, apaixonados, uma mulher que tocava violoncelo e um pintor fascinado pelo Mar e pelas suas criaturas, pelos segredos que as suas profundezas guardavam, pelos seres magníficos que na sua imaginação o povoavam...>>

17 de novembro de 2013

CELTAS: xogos, brinquedos,...

Aínda que a procura é bastante desesperanzadora, vouvos pór umha pequena listaxe do que fum atopando, para que os nosos nenos tamém poidam brincar cos seus antergos.

1. Playmobil: celtas



2. Pocket Battle: Celtic VS Rome


3. Construye tu Stonehenge



----------------------------------------------

 
 ----------------------------------------------  
 
CELTAS GALOS:
 
 

23 de outubro de 2013

Recursos para Samaín - Halloween à moda galega


O Samaín é o antergo do Halloween americano, era umha das datas máis importantes do ano para os celtas, pois marcaba o comezo do ano novo e do inverno. Nestas datas ademáis a fronteira entre o mundo dos vivos e o mundo dos mortos desaparecía e os mortos retornabam  às súas casas para visitar aos familiares, na procura de alimento ou de calor no lume da lareira.

Minha nai conta que cando nena aló en Santiago, baleiraban cabazas dándolhes olhos e boca e prendían dentro umha candea, despois punham as cabazas polos caminhos à noite "porque lles daba medo" e asustar aos caminhantes e así a gozaban os cativinhos daquela, xogando a asustarse.



Nós adornamos a casa para este día com cousas feitas na casa, tamém baleiramos umha cabaza e co recheo facemos chulas, coma todos os anos imos ler "A noite de Samaín", de Pepe Carreiro e outras historias asustadoras (a estántiga, as meigas chuchonas,... quem sabe?).

Também iremos à procura de lambetadas, porque tamem há que celebrar o Halloween :D nesta casa estamos sempre prontos para ir de festa :D



Facer chulas de cabaza:
 


Chulas de cabaza:

Ingredentes:
Farinha (aproximadamente 2 vasos), azucar (2 vasos), 3 ovos, cabaza, aceite, sal.

Pélase a cabaza e cócese em auga cumha pouca sal, despois deíxase escorrir até que solte a auga.
Numha tarteira grande botamos a cabaza, o azucre, os ovos e a farinha. Remexemos todo coa "mini-mini" como lhe chamaba a minha avoa, e  acrescentamos de farinha até que fique umha crema mesta.
Para rematar, imos botando a culheradas para fritila em aceite bem quente.




Máis cousinhas:

21 de outubro de 2013

Arquitectura em Bora - off topic -

Hai pouco conhecím a um home, um home de pedra!! que tem um corazóm como um mundo!!  axudame moito co tema dos celtas para pequenos e gosta moito da arquitectura popular. Há pouco procurando outras fotos dim com estas e gardeinas para ensinarlhas, así que este post tan fora de tópico vai para el :D
----------------------------------------------

As fotos, tenhem xa anos mas suponho que todo seguirá igual. É umha casa em Pontevedra, na xeral á altura de Bora.

Este é o frontal:
As xanelas son grandes, así que podes facerte umha ideia da altura do hominho.






Xusto ao lado há um cruceiro:
Se te fixas á dereita vese o hominho. Esta é a parte do cruceiro que dá à fachada.

Como ves está todo policromado. As fotos son moi malas porque saíron moi escuras e tívennas que chas aclarar para que se vira algho.

Esta é a parte do cruceiro que da para a estrada. É umha fermosura.



Baixamos desde este lado do cruceiro e atopamos a serpe.


E máis abaixo o pé do cruceiro.


Xa me dirás que te parese :D

15 de setembro de 2013

Unidade de estudo: Os celtas



Este ano lanceime a preparar umha unidade de estudo sobre os celtas pero o máis achegada posível à nosa historia. Partilho com vos o que fomos facendo para estudar os celtas galegos ou os recursos sobre os celtas que vou atopando e que poden ser de utilidade para estudar o tema cos pequenos.

Os celtas para nenos: recursos


Os celtas para nenos: visitas educativas


Imprimíveis:





Mapas:



Para ler: Historia

 
Para facer: Manualidades


Para ver:

7 de setembro de 2013

Castro de Sam Cibrao de Lás: VISITA

O meu home e máis eu xa visitáramos o Castro de Sam Cibrao de Lás hai um monte de anos e xa daquela ficáramos abraiados porque este castro é umha verdadeira cidade fortificada, um dos maiores castros excavados do NO Peninsular. Este ano, fomos coa pequenada.

Mi marido y yo ya habíamos visitado el  Castro de Sam Cibrao de Lás hace un montón de años y ya por aquel entonces quedamos sorprendidos porque este castro es una auténtica ciudad fortificada, uno de los mayores castros excavados del NO Peninsular. Este año fuimos con los niños.

Fixádevos na reconstrucción, é abraiante!!
Fijaos en la reconstrucción, es impresionante!!


O Castro é moi desconhecido, mesmo cando os turistas vam perguntar à oficinha de turismo sobre que é o que podem visitar em Ourense, nom lhes falam del, umha auténtica mágoa porque está a 15 minutinhos em coche de Ourense cidade.
 
El Castro es muy desconocido, incluso cuando los turistas van a pregunta a la oficina de turismo sobre qué pueden visitar en Ourense, no les hablan de él, una auténtica pena porque está a unos 15 minutiños en coche de Ourense ciudad.


Visualizar o mapa ampliado


Numha das entradas.
En una de las entradas.

As fotos som do telemóbil, por iso é que sao taaaaan malas.
Las fotos son del móvil, por eso son tan malas :P



Fixádevos no tamanho das rúas, todinhas empedradas, aínda que agora o tempo xa levantou moitas.
Fijaos en el tamaño de las calles, todas empedradas, aunque ahora el tiempo ya levantó muchas.
 

As casas cadradas ou rectangulares som post-romanización.
Las casas cuadradas o rectangulares son post-romanización.

As panorámica deixa sem fala eh? Ese é o noso Minho, o río máis bonito do mundo mundial :D
La vista deja sin habla verdad? Ese es nuestro Miño, el río más bonito del mundo mundial.


Hai anos estivéramos na Citania do Trega.
Hace años estuvimos en el Castro del Trega

23 de junho de 2013

Noite meiga, solsticio de verám

Hoxe é no hemisferio norte o día máis longo e a noite máis curta do ano, hoxe é noite de bruxas na Galiza, hoxe á noite ábrense as portas que comunicam este mundo co Além, esta é a noite máis máxica da Galiza.



Fanse fogueiras que ham ser saltadas tres veces berrando "meigas fora!" e tamém é noite de troula. Os mocinhos levam as cancelas e nom é raro ver ós vecinhos pola tardiña soldándoas para que nom lhas levem xunto co carro ou as bestas, tenho visto um burro ou umha ovelha aparecer pola manhá na rotonda de entrada a algumha cidade.

Tamém se comem sardinhas com cachelos ó calor da fogueira ou cacharela, á que se lhe vam tirar os móveis velhos (ou mesmo os apuntes do ano na versión máis moderna) como purificación.

Esta noite as mocinhas botarám un ovo nun vaso de auga que deixarám baixo a cama e que á mañá seguinte desvelará a profesión do futuro marido.

Esta noite as fontes botam auga máxica e ó raiar o sol recólhese a frol da auga e pola manhám o sol baila no firmamento e con el todas as meigas do mundo, que xa estiverom de xuntanza co demo e botando meigalhos.


As sardinhas:
Esta noite ásanse sardinhas nas verbenas que se fam ao redor das fogueiras. Úsase umha rabanada de pam -preferívelmente de milho- a modo de prato para que o prebe da sardinha o molhe. E comemos as sardinhas así, coas mans, esmigalhándoas pouco a pouco para ao rematalas comer o anaquinho de pam co sabor a sardinha.




As ervas:
Durante o día recólhense as ervas de sam xoám que van ser deixadas numha tina con auga para receber a bendición do orbalho de San Xoám e manhá pola manhám hanse lavar con esta auga todos os da casa, em especial os meninhos, pois esta auga nom só ten propriedades cosméticas senóm tamén medicinais e máxicas.
As ervas: erva luisa, romeo, tromentelo, fiuncho, ruda, malva, fento macho, orxabán, rosa,...



As 9 ondas da Lanzada:
Hoxe as mocinhas que nom conseguirom ficar grávidas, vestiram um camisóm branco e irám às doce da noite à colher as nove ondas à praia de Areas Gordas, à praia da Lanzada de Pontevedra. Tomarám no seu ventre as nove ondas fertilizadoras do noso Atlántico. 
Moitísima sorte, que o froito venha dentro de 9 meses.




O lume vello
"Unha semana despois do San Xoán o lume da fogueira segue ardendo. En poucos lugares conservan aínda a festa do Lume Vello. Quizais sexa porque o San Pedro o devorou todo. Na miña aldea, nesta noite tamén máxica, os mozos saían roubar cancelas e cambiaban as cousas de lugar para facer bromas.
Os veciños de Vilasantán, en Baralla, conservan aínda memoria desta celebración que foi esmorecendo pero que agora renace con forza. Foi bonito descubrir esta festa, recuperala e disfrutala cos amigos."



 Boa noite a todos!



Máis información en:

7 de fevereiro de 2013

Róndame o "ladrón de palabras"

Como vedes na coluna da dereita, estou lendo Made in Galiza e estame a remover moitas cousas por dentro, vou moi pouco a pouco porque só podo ler de cando em vez, e hoxe lín este conto: "A vendedora de palavras". 

Umha das palavras que lhe oferece à persoa que vai mercar é umha que significa "subir a umha árbore impulsándose cos brazos e as pernas" e nese momento veu á minha cabeza umha palabra que nós empregábamos para "subir aos muros - no noso caso eran os muros de cachote da finca da minha voa, que nalgunhas partes acadaban o metro e medio ou máis - impulsándonos cos brazos e coas pernas", mais... terror!! por um momento sentím ao meu redor ao "Ladrón de palavras", sentinno, xúrovolo!! quería levarse a minha palavra e case, case, o consegue o condanado. Comecei a procurala na minha cabeza, levantei tapetes velhos, desarrumei por aquí e acolá e mesmo estivem a piques de comezar a arrumbar num ataque de tolemia. Non a lembraba!! E cando xa a daba por perdida apareceu!!! GHABEAR!!

Qué ledicia!! puídenlha quitar das maos ao condanado. Fun ao Estraviz a ver se a tinham, pois nom sempre as tenhem, seica a eles também lhes ronda o ladrón de palavras? E a que topei que tinhan é GAPEAR, seica a minha é propria da zona? (as rías baixas) ademáis de ter a nossa gheada, claro.

Vos como lhe dicides?

 ♥ ♥ ♥ ♥ ♥ ♥ ♥ ♥ ♥ ♥

(Esta entrada no lleva "versión Karaoke" en castellano porque hablo de cosas de la lengua gallega un poco difíciles de entender para hablantes de lenguas no minorizadas. Disculpen las molestias :D )

5 de fevereiro de 2013

Manualidade que fixemos este ano para a Candeloria

Como xa sabedes, "pola Candeloria, ningunha ave voa soa", pois é o día no que "casam os paxarinhos nas árbores" e nós, para non perder o costume, fixemos paxarinhos namorados para enfeitar a casa estos días. E así estas dúas parelhas enfeitan a nosa chimenea.

Dia da Candeloria.

Dia da Candeloria

Os paxaros están feitos com cartóm de caixa de cereais e o tul son restos dalgún disfrace. Vai ser certo aquilo que dicía a minha avoa de que "o que gharda sempre tem". :D

Dia da Candeloria
Dia da Candeloria


VERSIÓN KARAOKE: que me la estáis pidiendo mucho :)

Estos días hicimos esta manualidad de pajaritos enamorados para el día de la Candelaria, pues en Galicia se dice que es el día en el que los pajaritos se casan en los árboles (es pues, nuestro propio sanvalentín) y así tenemos estas dos parejas adornando la chimenea de casa.

Están hechos con cartón de caja de cereales y el tul son los restos de un disfraz. No hay que tirar nada!! :D

29 de janeiro de 2013

Manualidades e recursos para o día da Candeloria

O vindeiro sábado 2 de febreiro é o día da Candeloria que na Galiza é a festa do amor.
Segundo a crenza popular neste día "casan os paxaros nas árbores", a partir da Candeloria, ningunha ave voa soa, reza o dito e aínda que rematan as xaneiras, comeza a tempada de apareamento no reino animal con vistas á cría na primavera; é pois un culto á fertilidade e aos ciclos da natureza como xa aconteceu antes co Samaín.

O día da Candeloria é unha data clave para predicir o tempo que fará o resto do inverno como podedes ver nos nosos refráns. Noutros lugares celebran o día da marmota, que tamem lhes serve para predecir o tempo.
  • Cando a Candeloria chora, metade do inverno vai fora
  • Pola Candeloria a metade do inverno vai fóra, se chora ou venta, aínda entra
  • Se a Candeloria chora, o inverno vai fora. Se ri, o inverno quere vir
  • Cando a Candeloria chora, medio inverno vai fóra; que chore, que deixe de chorar, a metade do inverno está por pasar.

♥♥♥♥♥♥♥♥♥♥♥♥♥♥♥♥♥♥♥♥♥♥


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...