Mostrar mensagens com a etiqueta crafts. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta crafts. Mostrar todas as mensagens

3 de fevereiro de 2014

A manualidade deste ano para A Candeloria

Um ano máis celebramo-la Candeloria, a festa do amor da Galiza, cumha manualidade.

Este ano fixemos corazóns de cartón, pintámolos e pegámoslhe adornos de foam (ou goma eva ou como se lhe chame a iso). Umha manualidade moi sinxela e moi bonita.



Si queredes ver as cousinhas que fixemos outros anos podédelas ver aquí:

1 de janeiro de 2014

Algunhas fotos destes días

Como nom temos aquí os nosos adornos de Nadal -nom puidemos traelos no verám porque nom cabíam no coche-, a nosa decoración nom é tam "naif" como é o noso costume e como gostamos, mas facemos o que podemos hehehehe.

Na foto vedes a nosa coroa das estacións, o meu cartaz de Cousas Pequenas, a nosa grilanda-calendario de Advento (que é a que vem co Caderno de Nadal para nenos),... a grinalda dos doces bonequinhos de neve é de Jeni de Stitcher Scribbler e a podedes baixar de balde do seu blogue.



Umha das nosas tradicións de Nadal é ir acrescentando ano tras ano os enfeites nadalencos, a maioría feitos na casa por mim e polos pequenos. Este ano fixemos varios enfeites: coas pérolas Hama, com pintura de microondas,... e este pendurico de galletas de xenxibre de feltro. Remata cum axouxere, hai algo com máis maxia nadalenca que os axouxeres? :)


Estos días "trabalhei" moito no meu caderno do ano, umha ideia que tinha em mente fazer há moito tempo e que nunca me daba posto por preguiza. A libreta é da tenda de Pilar, Amapola verde. O que fixem foi dividila en catro partes, umha para cada estación e despois dentro vou anotando ideias das festividades ou de cousinhas para sacarlhe proveito a cada época do ano.

O libro foi umha das nosas últimas adquisicións, mercado este verám em Ourense.



Umha das cousas que vou anotando no meu caderno som ideias ao xeito "bucket list", nom sei como se podería traducir isto, assim que o emprego em inglés :D Tamém vou pegando debuxos, fotos, escribindo cancións ou o que se me vai ocurrindo porque aos pequenos tamém lhes gosta ir mirandoa de cando en vez.



Agora xa em grande, vedes a minha prenda de Nadal, umha das marabilhosas pedras pintadas da artista portuguesa Graça Paz, a quem sigo dende há anos e que me tem namorada do seu trabalho como artista e do seu trabalho interior como persoa. Nom sabedes a ilusión tam grande que me fai ter "um Graça Paz"!! moita!!! Este meu coraçao ademáis é um "protetor dos amores", nestes tempos de crise bem moi acaído :D

   

Hoxe veu o Apalpador a deixar lambetadas nos seus calcetíns, tamém deixou umha carta, tal e como fai tamém o Pai Nadal. Os pequenos tamém lhes deixam cartas facéndolhes perguntas ou contándolhes cousinhas, eu vounas gardando na nosa Carpeta-organizador de Nadal familiar, vaise converter ou máis bem xa é, um precioso recordo das súas infancias.



~✿~✿~✿~✿~✿~

 

2 de dezembro de 2013

Actividades de Advento

As tradicións familiares son fermosas e importantes à hora de construir esa patria que é a infancia, na nosa casa agárdase o Advento com ilusióm pois é o preludio do Nadal. Nós, como todos os anos abrimos cada día o noso calendario de chocolatinas e por segundo ano, o calendário de actividades. Este ano o noso calendario de actividades mudou um bocadinho de aspecto simplemente cumha fita de vichy vermelho e pinzas pequenas en vermelho e azul.
E hoxe fixemos a segunda actividade, que se pode ler ao levantar a solapinha.

Las tradiciones familiares son hermosas e importantes a la hora de construir esa patria que es la infancia, en nuestra casa se espera el Adviento con ilusión pues es el preludio de la Navidad. Como todos los años abrimos a diario el calendario de chocolatinas y por segundo año, el calendario de actividades. Este año nuestro calendario de actividades cambió un poquito de aspecto simplemente con una cinta de vichy roja y pinzas pequeñas en rojo y azul. 
Y hoy hicimos la segunda actividad, que se puede leer al levantar la solapa.

Clic sobre a imaxe para mercalo


Retomando o relevo de marvan & family, fixemos adornos para o Nadal (e máis cousas que nom saem na foto) con pérolas Hama. Umha das pequenas está a facer coas pérolas a toda a familia -estamos horrorosos!!- mas moi ilusionados coa ideia de fazer um cadro cos nosos retratos :D

Retomando el relevo de marvan & family, hicimos adornos para la Navidad (y más cosas que no salen en la foto) con perlas Hama. Una de las peques está a hacer con las perlas a toda la familia -estamos horrorosos!!- pero ilusionadísimos con la idea de hacer un cuadro con nuestros retratos :D


E vos, que facedes estos días?

Y vosotros, ¿qué haceis estos días?

17 de setembro de 2013

Construíndo citanias

Umha casa circular celta em construcción.
Una casa circular celta en construcción.



Detrás do decapitado (os celtas tinham esta teima hahaha) um trisquel para ornar a entrada da casa, tal como vimos no Castro do Trega.

Detrás do decapitado (los celtas tenían esta manía hahaha) un trisquel para adornar la entrada de la casa tal y como vimos en el Castro do Trega..

26 de julho de 2013

Almofadinha de unicornio

Umha das últimas cousinhas que fixem para um aniversário, umha almofadinha para pendurar na parece, para umha rapaza que gosta dos seres míticos e da maxia.

A almofadinha tem um pequeno peto transparente para que podas pór frases inspiradoras ou motivantes, eu escolhím esa: "se siempre tú misma, a menos que puedas ser un unicornio, entonces sé un unicornio". E se vos fixades, no petinho há um corno de unicornio... nom o contedes, mais recolhino há máis de 20 anos no Mediterráneo andaluz, eu diría que é umha "Torrecilla" (Turritella communis) com a pontinha rota.



Una de las últimas cositas que hice para un cumpleaños, una almohadita para colgar en la pared,
para una "chica" a la que le gustan los seres míticos y la mágia.

La almohadita tiene un pequeño bolsillo transparente para que puedas poner frases inspiradoras o motivantes, yo escogí esa: "se siempre tú misma, a menos que puedas ser un unicornio, entonces sé un unicornio". Y si os fijais, en el bosillito hay un cuerno de unicornio...
no lo conteis, pero lo recogí hace más de 20 años en el Mediterráneo andaluz, yo diría que es una "Torrecilla" (Turritella communis) con la puntita rota.


Para descarregar o modelo para bordar o Pegaso.


12 de julho de 2013

Complementos para superheroe

Hai uns días decidín que ía fazer con aquel pixama camiseiro que estaba estragadinho de todo: uns complementos de superheroe!! E así foi como quedou a cousa cun pouco de feltro, botóns de cores e estrelinhas de abalorios.

Hace unos días decidí qué iba a hacer con aquel pijama camisero que estaba todo roto: unos complementos de superheroe!! Y así es como quedó con un poco de fieltro, botones de colores y estrellas de abalorios.

 

27 de junho de 2013

Penduricos para as pinzas do pelo

Hai tempo que nom vos ensino o que imos facendo para os aniversários, así que hoxe quérovos ensinar umha ideia para pendurar as pinzas do pelo. Nós este ano xa fixemos dous para agasalhar às amiguinhas, às dúas melhores amigas das minhas filhas.
Trátase destos penduricos.
Hace tiempo que no os enseño lo que vamos haciendo para los cumpleaños, así que hoy os quiero enseñar una idea para colgar las pinzas del pelo. Nosotras este año ya hicimos dos para regalar a dos de las mejores amigas de mis hijas. 
Se trata de estos colgantes:


Esta fíxena eu, para umha dozura homeschooler que para máis sorte é vicinha.
Esta la hice yo, para una dulzura homeschooler que, para más suerte, es vecina.

O Corazón do extremo serve de contrapeso.
El Corazón de la punta sirve de contrapeso.




Nesta almofadinha o bordado é obra da minha filha do medio, de 8 anos, os remates xa lhos fixem eu.
En esta almoadillita el bordado es obra de mi hija del medio, de 8 años, los remates se los hice yo.


A nosa táctica é bordar enriba do debuxo e despois arrincar o papel con coidado :)
Nuestra táctica es bordar encima del dibujo y después arrancar el papel con cuidado :)


Por certo, o ganchinho ese que se ve no de arriba (o de abaixo tamém leva pero nom se ve), son das bolsas ou os paquetes dos calcetíns, eu aproveito todo hihihi.
Por cierto, el ganchito ese que se ve en el de arriba (el de abajo también lo lleva pero no se ve), son de las bolsas o los paquetes de calcetines, yo aprovecho todo hihihi.

14 de março de 2013

Gorro pirata de feltro

Outro presente de aniversário, esta vez um gorro pirata ARGGG!!

Gorro pirata de feltro

Nom sei se se aprecia bem, mais o Mickey está em relevo.

 Gorro pirata de feltro Gorro pirata de feltro

Gorro pirata de feltro

 ♥ ♥ ♥ ♥ ♥ ♥ ♥ ♥ ♥ ♥

Otro regalito para un compleañero: un gorro de pirata ARGGG!!
No sé si se aprecia bien, pero el Mickey está en relieve.

4 de março de 2013

Brincar con números

Estos días atrás estivemos a brincar com os números do micro imprimible de NÚMEROS PARA JUGAR. Simplemente estivemos a usalos de base para facer umha manualidade sinxela consistente num collage.

Só tendes que imprimir em cartulina ou folios de cores.

Reptís / Reptiles e anfíbios

Estos días atrás estuvimos jugando con los números del micro imprimible de NÚMEROS PARA JUGAR. Simplemente los estuvimos usando de base para hacer una manualidad sencilla consistente en un collage.

Sólo teneis que imprimir en cartulina o folios de colores.

----------------------------------------------------------------

18 de fevereiro de 2013

Casco de astronauta de papel maché

Hai semanas tivemos outro aniversario e houve que ponherse e facer outro agasalho, esta vez un casco de astronauta de papel maché.

RECEITA DE ENGRUDO (grude):
Botamos 100g de farinha (triga) num litro de auga e cocinhamos remexendo todo o tempo a lume lene até que ferva. Eu bótolhe umha culherada de azucre para que cole melhor.
Cando ferva, retirámolo do lume e botámoslle duas culheradas de vinagre.

Despois só tendes que usar um globo de base e tiras de papel de xornais rasgadas coas mans para que colem melhor.

 Casco De Astronauta de papel mache

Despois píntase, eu por dentro non os pinto por non engadir toxicos a algo que non os tem.
Casco De Astronauta de papel mache

O casco leva a un lado o "logotipo" da NASA e polo outro o nome do noso astronauta.
 Casco De Astronauta de papel mache


 ♥ ♥ ♥ ♥ ♥ ♥ ♥ ♥ ♥ ♥

Hace unas semanas tuvimos otro cumpleaños e hicimos otro regalo, esta vez fué un casco de astronauta de astronauta de papel maché.

RECETA DEL ENGRUDO:
Mezclamos 100g de harina de trigo en un litro de agua y lo cocinamos a fuego suave revolviendo todo el tiempo hasta que hierva. Le echamos también una cucharada de azúcar para que pegue mejor. Cuando hierva lo retiramos del fuego y le echamos dos cucharadas de vinagre.

Después usamos un globo grande como molde y tiras de papel de periódico rasgadas con las manos para que peguen mejor.

Por dentro no los pinto para no poner tóxicos donde no los hay.

El casco lleva el nombre del niño a un lado y el logotipo de la NASA al otro.


8 de fevereiro de 2013

Tiara de fada do bosque em feltro

Se o tempo (nom atmosférico) no-lo permite, tento que os nosos agasalhos sexam sempre "handmade", vaia o que se dixo sempre de "made in feito na casa" :)

Deste xeito nasceu esta tiara de fada do bosque para umha rapacinha amiga que estaba de días.

Tiara de fada do bosque

Para facela empreguei um patrón de Koala brains do que gosto moito, mais eu puxenlhe o meu toque que é substituir a "típica" gominha que axusta a coroa à cabeza, por umha diadema estreitinha de ferro que vai por dentro da tiara mas que pode ser retirada para lavar ou para o que se quixer.


Na foto nom se aprecia moito, mas a flor tem relevo

Tiara de fada do bosque


Por dentro tem a cor verde do bosque e num lado, bordado o nome da nosa fada.

 Tiara de fada do bosque

5 de fevereiro de 2013

Manualidade que fixemos este ano para a Candeloria

Como xa sabedes, "pola Candeloria, ningunha ave voa soa", pois é o día no que "casam os paxarinhos nas árbores" e nós, para non perder o costume, fixemos paxarinhos namorados para enfeitar a casa estos días. E así estas dúas parelhas enfeitan a nosa chimenea.

Dia da Candeloria.

Dia da Candeloria

Os paxaros están feitos com cartóm de caixa de cereais e o tul son restos dalgún disfrace. Vai ser certo aquilo que dicía a minha avoa de que "o que gharda sempre tem". :D

Dia da Candeloria
Dia da Candeloria


VERSIÓN KARAOKE: que me la estáis pidiendo mucho :)

Estos días hicimos esta manualidad de pajaritos enamorados para el día de la Candelaria, pues en Galicia se dice que es el día en el que los pajaritos se casan en los árboles (es pues, nuestro propio sanvalentín) y así tenemos estas dos parejas adornando la chimenea de casa.

Están hechos con cartón de caja de cereales y el tul son los restos de un disfraz. No hay que tirar nada!! :D

29 de janeiro de 2013

Manualidades e recursos para o día da Candeloria

O vindeiro sábado 2 de febreiro é o día da Candeloria que na Galiza é a festa do amor.
Segundo a crenza popular neste día "casan os paxaros nas árbores", a partir da Candeloria, ningunha ave voa soa, reza o dito e aínda que rematan as xaneiras, comeza a tempada de apareamento no reino animal con vistas á cría na primavera; é pois un culto á fertilidade e aos ciclos da natureza como xa aconteceu antes co Samaín.

O día da Candeloria é unha data clave para predicir o tempo que fará o resto do inverno como podedes ver nos nosos refráns. Noutros lugares celebran o día da marmota, que tamem lhes serve para predecir o tempo.
  • Cando a Candeloria chora, metade do inverno vai fora
  • Pola Candeloria a metade do inverno vai fóra, se chora ou venta, aínda entra
  • Se a Candeloria chora, o inverno vai fora. Se ri, o inverno quere vir
  • Cando a Candeloria chora, medio inverno vai fóra; que chore, que deixe de chorar, a metade do inverno está por pasar.

♥♥♥♥♥♥♥♥♥♥♥♥♥♥♥♥♥♥♥♥♥♥


24 de janeiro de 2013

A paisaxe para 3º de primaria

Estos días temos estado a trabalhar sobre o tema da paisaxe, que ocupa um capítulo do noso libro de Coñecemento do Medio. Para abordalo, ademáis de facer as leituras do libro e exercicios sobre o tema, tamén temos debuxado moitas paisaxes.

Outra das cousas que fixemos, foi ver a unidade do Proyecto Agrega sobre A paisaxe. Recoméndovos moitísimo este recurso que me pasou a minha Belén, está disposto por anos lectivos e por materias e inda por riba en todas as linguas oficiais do Estado. Boísimo!!


Como nom podemos deixar de lado o noso aprendizaxe máis criativo, fixemos algumhas formas xeográficas co que eu chamo "pintura de micro-ondas" ou pintura inchável e que xa temos empregado para outros proxectos. 

A receita para a pintura é:
  • 1 cunca de farinha
  • 1 cunca de sal
  • 1 pouquinho de fermento

Remésexe todo e vaiselhe botando auga até formar umha pasta fininha, moi pouco mesta, um pouquinho máis líquida que a pintura de parede por se vos serve de referencia. Umha vez pronta, é cando se lhe engade o pigmento ou a sustancia corante que empreguedes para darlhe cor.

Outras veces tinhamos usado a pintura xa colorida, mais desta vez foi sen colorir, coa cor natural da farinha triga.
A PAISAXE - pintura de micro-ondas 1

Despois todo é pintar como se fai normalmente e umha vez rematado hai que "cocinhar" o debuxo no micro-ondas. Atención! é importante que o papel sexa do tamanho axeitado para o aparelho, nom vaia ser que o pintedes e despois non colha no micro-ondas :)

Tendes que meter o papel (nós empregamos cartón de caixa de cereais) no micro-ondas e cocinhalo a temperatura máxima durante 30 segundos máis ou menos. Teredes que ir probando.

Na imaxe vedes dúas formas, umha sem pasar polo micro-ondas e outra xa "cocinhada".
A PAISAXE - pintura de micro-ondas 2


Aquí vendes varios dos debuxos xa cocinhados, tende coidado co papel que escolhedes porque sempre se comba um pouco, canto máis groso sexa, melhor. A PAISAXE - pintura de micro-ondas 3

Os resultados son moi fermosos e sorprendentes. Aqui tendes o que vai ser um arquipélago. A PAISAXE - pintura de micro-ondas 4

E os acantilados dalgumha costa Atlántica A PAISAXE - pintura de micro-ondas 5

Xa rematando de pintar... A PAISAXE - pintura de micro-ondas 6

Puxémolos a secar ao sol para que endurecera a pasta. A PAISAXE - pintura de micro-ondas 7

Os resultados son fermosísimos. Aquí o arquipélago. A PAISAXE - pintura de micro-ondas 8

Un cabo...
A PAISAXE - pintura de micro-ondas 9

E umha baía
A PAISAXE - pintura de micro-ondas 10

Por se dubidades sobre a perdurabilidade da pintura umha vez cocinhada, pódovos dicer que se mantém por anos, alomenos as nosas pinturas máis velhas xa tenhem anos e estám como o primeiro dia :)
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...