Mostrar mensagens com a etiqueta Receitas da casa. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Receitas da casa. Mostrar todas as mensagens

15 de março de 2014

Entroido e Torta de Huesitos

O pasado entroido fomos a umha reunión da LUDOTEGA (espazo de lecer para nenas e nenos galegofalantes em Barcelona) que incluía umha comida em comúm. Como bos larpeiros, errr quiría dizer galegos, tamém había um monte de sobremesas. Nós como sempre andamos a correr (por ir antes demasiado despazo) pois fixemos umha sobremesa rápida e sinxela pero mooooooooooooooi rica!!

É iso que dan em chamar "TORTA DE HUESITOS" porque o sabor recorda moitísimo a eses pasteis.

Simplemente leva barquilho dese que se merca com forma de prato e máis Nutella.
Primeiro amolecemos a Nutella ao "banho María" e imos pondo barquilho untado coa Nutella (sem pasarse que despois empalaga) um sobre outro para rematar cumha capa máis contundente de Nutella hehehehe. Nós despois decoramos co mesmo barquilho feito anaquinhos.
Despois conven enfriala um chisco.

Ao cortala vense as capas de barquilho e máis o chocolate. É supersinxela de fazer e tivo moito éxito porque a verdade é que está bem boa, um pracer para os chiculateiros hehehehe




El pasado entroido (carnaval tradicional gallego) fuimos a una reunión de la LUDOTEGA (espacio de ocio para niños y niñas gallegohablantes en Barcelona) que incluía una comida en comúm. Como buenos golosos, errr quería decir gallegos, también había un montón de postres. Nosotros como siempre andamos a correr (por ir antes demasiado despacio) pues hicimos un postre rápido y sencillo pero muuuuuuy rico!!.

Es eso que llaman "TARTA DE HUESITOS" porque el sabor recuerda muchísimo a esos pasteles.

Simplemente lleva barquillo de ese que se compra con forma de plato y Nutella.

Primero ablandamos la Nutella al "baño María" y vamos poniendo barquillo untado con la Nutella (sin pasarse que después empalaga) uno sobre otro para terminar con una capa más contundente de Nutella hehehehe. Nosotros después la decoramos con el mismo barquillo hecho pedacitos.
Después conviene enfriarla un poquito.

Al cortarla se le ven las capas de barquillo y chocolate. Es supersencilla de hacer y tuvo mucho éxito porque la verdad es que está bien rica, un placer para los chocolateros hehehe

23 de outubro de 2013

Recursos para Samaín - Halloween à moda galega


O Samaín é o antergo do Halloween americano, era umha das datas máis importantes do ano para os celtas, pois marcaba o comezo do ano novo e do inverno. Nestas datas ademáis a fronteira entre o mundo dos vivos e o mundo dos mortos desaparecía e os mortos retornabam  às súas casas para visitar aos familiares, na procura de alimento ou de calor no lume da lareira.

Minha nai conta que cando nena aló en Santiago, baleiraban cabazas dándolhes olhos e boca e prendían dentro umha candea, despois punham as cabazas polos caminhos à noite "porque lles daba medo" e asustar aos caminhantes e así a gozaban os cativinhos daquela, xogando a asustarse.



Nós adornamos a casa para este día com cousas feitas na casa, tamém baleiramos umha cabaza e co recheo facemos chulas, coma todos os anos imos ler "A noite de Samaín", de Pepe Carreiro e outras historias asustadoras (a estántiga, as meigas chuchonas,... quem sabe?).

Também iremos à procura de lambetadas, porque tamem há que celebrar o Halloween :D nesta casa estamos sempre prontos para ir de festa :D



Facer chulas de cabaza:
 


Chulas de cabaza:

Ingredentes:
Farinha (aproximadamente 2 vasos), azucar (2 vasos), 3 ovos, cabaza, aceite, sal.

Pélase a cabaza e cócese em auga cumha pouca sal, despois deíxase escorrir até que solte a auga.
Numha tarteira grande botamos a cabaza, o azucre, os ovos e a farinha. Remexemos todo coa "mini-mini" como lhe chamaba a minha avoa, e  acrescentamos de farinha até que fique umha crema mesta.
Para rematar, imos botando a culheradas para fritila em aceite bem quente.




Máis cousinhas:

5 de setembro de 2013

Chulas de ovos ou "Huevos rebuenos"

Hoxe partílhovos a receita das chulas de ovo ou "huevos rebuenos" (brincadeira que só perceberám os fans de Chowder).

Hoy os comparto la receta de los buñuelos de huevo o "huevos rebuenos" (broma que sólo entenderán los fans de Chowder).


 Cócense os ovos e córtanse pola metade, sepáranse as xemas e machácanse num outro prato.

Faise a bechamel coma sempre (manteiga e aceite, 3 culheradas de farinha, cocínhase a farinha e vaise engadindo uns 3/4 litro de leite) e cando esté feita engádenselhe as xemas e mistúrase todo bem misturado.

Con esta mistura rechéanse os ovos de xeito que fiquem manchados por fóra tamém. Deixase repousar umha media hora, rebózanse em ovo batido e despois em pam ralado. Frítense em aceite dabondo



Se cuecen los huevos y se cortan por la mitad, se separan las yemas y se aplastan en un plato aparte.

Se hace la bechamel normalmente (mantequilla y aceite, 3 cucharadas de harina, se cocina un poco la harina y 3/4 litro de leche) y cuando esté se le añaden las yemas machacaditas y se mezcla todo bien.

Con esa mezcla se rellenan los huevos y se untan un poco por fuera. Se dejan reposar una media horita y después se rebozan en huevo batido y pan rallado. Se fríen en bastante aceite.

12 de junho de 2013

Pastelinho de microondas

Xa sei que na foto nom tem moi boa pinta, máis pódos asegurar que está... aos meus pequenos (e a mim!!) encántanos!!.


Ya sé que en la foto no tiene muy buena pinta, pero os puedo asegurar que está... a mis peques (y a mi) nos encanta!!

  • 2 culheradas de manteiga 
  • 2 culheradas de farinha
  • 2 culheradas de leite (tamén lhe podes botar tona líquida, total postos a enghordar...)
  • 1 ovo
  • 1/4 de culheradinha de fermento em pó
  •  Noces, bem, nom é obrigatorio pero com noces está... mmmmm
  • 2 culheradas de chocolate (pode ser "nutella" ou cacao em pó, mas segundo o que empregues, proba antes de cocinhalo a ver como está de azucre)
Misturas bem todo directamente na cunca que vai ao microondas (mira de que fique bem misturado, sem grumos). E aghora o cocinhas durante 2'5 ou 3 minutos a potencia máxima. O sacas e o deixas arrefiar que morno está máis rico.

 ♥ ♥ ♥ ♥ ♥ ♥ ♥ ♥ ♥ ♥

  • 2 cucharadas de mantequilla
  • 2 cucharadas de harina
  • 2 cucharadas de leche (también le puedes echar nata líquida, total puestos a engordar...)
  • 1 huevo
  • 1/4 de cucharadita de levadura en polvo
  • Nueces, bueno, no es obligatorio pero con nueces está... mmmm
  • 2 cucharadas de chocolate ( puede ser "nutella" o cacao en polvo, pero según lo que emplees, antes de meterlo en el microondas prueba a ver cómo está de acucar).
Mezclas bien todo directamente en la taza que va a ir al microondas (procura que quede bien mezclado, sin grumos) y después lo cocinas durante 2'5 o 3 minutos a potencia máxima. Lo sacas y lo dejas enfriar, que templadito está más rico.

29 de maio de 2013

Torta de cabaceira

Hoxe traiovos outra receita vexetal que gosta moito aos pequenos (e nom tam pequenos hehehe) da casa.

Hoy os traigo otra receta vegetal que les gusta mucho a los peques de casa, 
bueno, y también a los no tan pequeños hehehe

Torta de cabaceira:
Cabaceira - Farinha (aprox. 2 vasos) - Pan ralado - Sal - 3 ovos - Leite - Manteiga - Noz moscada

Pelase a cabaceira e cócese en auga com sal, deixase escorrer para que solte a auga e esmágase cum garfo.

Para a bechamel: cocinhamos com manteiga umhas dúas culheradas de farinha, tostámola e engadimos a cabaceira, remexemos e imos engadindo leite aos poucos para facer umha bechamel mesta. Despois botamos a noz moscada.

Fora do lume, engadimos 3 ovos batidos e probamos como está de sal.

Num molde esfregado de manteiga e polvilhado de farinha botamos todo o rustrido. Por riba cobrimos co pan ralado e ums anacos de manteiga.

E ao forno até que o pan se torre.





Torta de calabacín

Calabacín - Harina (aprox. 2 vasitos) - Pan rallado - Sal - 3 huevos - Leche - Mantequilla - Nuez moscada

Se pela el calabacín y se cuece en agua con un poco de sal, luego se deja escurrir hasta que suelte el agua y se machaca con un tenedor.

Para la bechamel, cocinamos con mantequilla unas dos cucharadas de harina, la tostamos y añadimos los calabacines, revolvemos y añadimos leche poco a poco haciendo la bechamel espesa. Hechamos la nuez moscada.

Fuera del fuego añadimos 3 huevos batidos y probamos cómo está de sal.

En un molde untado de mantequilla y espolvoreado de harina echamos el mejunje. Por encima cubrimos de pan rallado y echamos un poquito de mantequilla.

Al horno hasta que esté tostadito el pan rallado.

31 de março de 2013

Pascoa e folhado de porros

Outro ano máis o coelhinho de Pascoa veu deixar o seu agarimo em forma de ovinhos de chocolate.
Como gosto desta maxia que enche as nosas vidas!!

 photo PASCOA_zpsd8d0e7b2.jpg


Pra comer, folhado de porros, os pequenos quixeron decoralo cumha cara de Pucca, esta boneca failhes moito chiste, xa hai pouco ensinábamos umhas figurinhas que fixeran dela.

Na casa temos todo um "vocabulario puconal" e así as puconas e as puconadas e a xente puconutria, paseiam pola nosa vida representando as cousas malas ou mal feitas, vaia, que é o noso Demo hehehe.



RECEITA:
½ quilo de folhado, 6 ou 8 porros, manteiga, farinha triga, 3 ovos e tona líquida.

Picamos os porros e cocémolos em pouca auga com sal, escurrimos e gardamos a auga.
Imos prequentando o forno a 200º

Numha tixola botamos dúas culheradas de manteiga, boamos dúas culheradas de farinha e cocinhámola um pouco, despois botamos os porros e remexemos todo. 
Imos botando a auga de cocer os porros para facer umha bechamel lene, cando esté feita engadimos a tona líquida, remexemos bem e botamos os dous ovos. Probamos o sal.

E xa facemos a empanada e pintámola con ovo.
En 30 minutinhos está pronta.

 ♥ ♥ ♥ ♥ ♥ ♥ ♥ ♥ ♥ ♥

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...